É aquel terreo cuxa actividade ou uso non coincide co uso agrogandeiro ou forestal identificado no Catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia ou nos catálogos parciais. No caso dos terreos incluídos no perímetro dun instrumento de recuperación da terra agraria como as aldeas modelos ou os polígonos agroforestais, tamén se considerarán infrautilizados aqueles que non se poñan en produción nas condicións establecidas na correspondente declaración de utilidade pública e interese social.