A lei contempla un apartado especial para as permutas (intercambios) de especial interese agrario, por considerar estes procedementos de especial interese para acadar os obxectivos fixados. Así, fomentarase o uso voluntario das permutas para acadar unha maior ordenación de usos no rural galego, especialmente onde así o requiran as explotacións xa existentes para dotarse dunha maior base territorial ou para mellorar a súa sostibilidade (extensificación).
A declaración de permuta de especial interese agrario determina a concesión dunha serie de beneficios importantes aos permutantes para facilitar a realización da citada permuta como a entrega de parcelas de maior tamaño ás permutada, asesoramento fiscal, liñas de axuda para inmatricuñación rexistral e inscripción no rexistro da propiedade.
É un sistema voluntario que requirirá sempre o consentimento dos propietarios.