Xunta de Galicia
Ley de recuperación da terra agraria

En que podemos axudarche?

Instrumentos

Que requisitos deben cumprir as permutas de especial interese agrario?

Enténdense como permutas de predios agroforestais de especial interese agrario aquelas permutas que cumpran un ou varios dos seguintes requisitos:

  1. As permutas que contribúan á adecuación dos usos do solo ás previsións do Catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia.
  2. As permutas de predios incluídas en procedementos de reestruturación parcelaria pública.
  3. As permutas empregadas como instrumentos de mobilización nos casos dos polígonos agroforestais, as aldeas modelo e as actuacións de xestión conxunta recollidas nesta lei.
  4. As permutas que contribúan á eliminación de servidumes de paso.
  5. As permutas en que interveña unha ou máis parcelas pertencentes a AGADER.
  6. Aquelas permutas non incluídas nos casos anteriores, pero que sexan consideradas como de especial interese por resolución da dirección da AGADER.
  7. As permutas que permitan a eliminación de parcelas enclavadas (en casos específicos sinalados no artigo 62 da Lei).
  8. A redefinición de límites ou consolidación da propiedade daquelas superficies inscritas no Sistema rexistral forestal de Galicia.

Xunta de Galicia