Xunta de Galicia
Ley de recuperación da terra agraria

En que podemos axudarche?

Instrumentos

En que se diferencia o Banco de Terras do Banco de Explotacións?

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural e integrado na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) que incorpora parcelas de titularidade da propia Agader e parcelas incorporadas voluntariamente por titulares privados, co obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, etc., fundamentalmente mediante contratos de arrendamento temporal.

Así, o Banco de Terras integra as parcelas e o de Explotacións integrará as granxas. Por outra parte, o Banco de Terras xestiona parcelas tanto de titulares privados como de titularidade pública, mentres que o Banco de Explotacións recollerá só explotacións privadas.


Xunta de Galicia