Xunta de Galicia
Ley de recuperación da terra agraria

En que podemos axudarche?

Estrutura da lei

Haberá expropiación da terra, sobre todo nos casos en que esta está abandonada?

A propiedade da terra non se modifica. Os instrumentos da lei buscan consensos amplamente maioritarios.

A lei regula procedementos moi garantistas para mobilizar os terreos, pero sempre falamos do seu uso, do seu aproveitamento e da súa xestión.

A lei establece mecanismos para que, coas debidas garantías e se non se cumpren os preceptos recollidos nela, os propietarios opten por:

  1. Recuperar o terreo e poñelo en condicións de produción.
  2. Ceder a un terceiro o seu uso e aproveitamento.
  3. Incorporar o predio ao Banco de Terras.

Xunta de Galicia